Estamos ante un texto periodístico de tipo histórico que nos conta como os alemáns atacaban aos xudeus e os seus establecementos. Está situado na Alemaña nazi, na noite do 9 ao 10 de novembro de 1938, cando a policía alemana ignorou os actos da poboación ante os xudeus. Este feito foi a consecuencia do asasinato dun diplomático nazi, Ernst von Rath, atacado por un rapaz xudeu de orixe alemana molesto pola expulsión da súa familia, de orixe polaca do país.
Un millar de sinagogas arderon en Alemaña, o que ocasionou a morte de polo menos mil persoas. Cóntanse ata 30 mil hebreos encerrados e enterrados en campos de concentración.
Nun primeiro momento, o réxime nazi sostivo que se tratou dunha reacción espontánea, pero despois confirmouse a orde de agresión por parte de Hitler: “Chegara o momento de arremeter contra toda a comunidade fraudulenta destes xudeus envenenadores do pobo”, escribira no seu libro “A miña loita” 13 anos antes.
Ante isto, o 9 de novembro foi declarado como Día Internacional contra o fascismo, racismo e antisemitismo.
A través deste texto podemos chegar a entender que a indignación da maioría da poboación alemana sobre os feitos da noite, non vén dada polo dano causado aos xudeus ou ás propiedades, senón que o que lles preocupaba eran as posibles vinganzas ou represalias do pobo xudeu hacia eles.
Ademais tamén podemos ter en conta a repercusión que tivo a noite dos cristais rotos no resto do mundo; este feito provocou unha gran desacreditación dos movementos Nazis tanto en Europa como nos Estados Unidos.
Comentarios
Publicar un comentario